Inventio

Inventio é un espectáculo familiar que inclúe circo, ilusionismo, danza e música creado
para conmemorar o Xacobeo 21-22. Inventio é a palabra que define o descubrimento dos vestixios
do apóstolo Santiago na cidade de Santiago de Compostela

A acción sitúase no ano 2094, no que unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e seis artistas de circo comproban que
xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra.
Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Nin unha soa pegada, nin un só recordo. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócalles maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos. +info