Porta Máxica

Thinking Up Events organiza o Festival de Ilusionismo Porta Máxica, celebrado na
cidade de Ferrol (A Coruña).

Trátase dun evento de varios días de duración no que participan
artistas galegos, nacionais e internacionais realizando unha ducia de actividades: dende obradoiros de maxia, para que os máis pequenos aprendan efectos máxicos ata actuacións familiares, shows solidarios e galas de maxia. Este proxecto, nado no ano 2018, conta con 4 edicións realizadas e miles de espectadores ilusionados.