Abraham Cupeiro, multiinstrumentista e construtor de instrumentos único en España con gran prestixio internacional, nas cidades de Ourense (3 de maio), Pontevedra (24 de maio), Ferrol (25 de maio) e A Coruña (6 de xuño). Ademais, a xira tamén pasará por Lugo (16 de maio), Santiago de Compostela e Vigo.
O seu novo disco aparecerá logo dun ano de xira con “Mythos” o seu álbum gravado en Abbey Road xunto á Royal Philharmonic Orchestra. “Mythos” estivo conformado por un conxunto de obras orixinais compostas polo propio Cupeiro que supuxeron unha viaxe ao imaxinario colectivo das culturas dos pobos, ás culturas ancestrais que deixaron a súa pegada na historia da humanidade. O pasado dous de febreiro pechouse a xira en Teatros del Canal de Madrid con dous pases e o cartel de “sold out”.
NOVO DISCO, “LOIRA”, O NOME DA SÚA CADELA
En palabras de Abraham:
“Mentres escribo estas liñas, ela, Loira, está o meu carón, como cando facia vídeos na cuarentena no sofá da miña casa. Quizais teña que ver que estea cega para que lle guste tanto a música. Ela é mestiza, coma este disco que ten temas dispares, pezas que pasan da euforia ao recollemento, cancións que son unha escolma de temas perdidos nun caixón dende hai anos e que me apetecía que quedaran rexistrados para que os poidades desfrutar”.
En “Loira” están previstos unha serie de concertos na primavera cun ensemble de seis músicos que residen en Galicia. As cidades polas que pasaremos serán Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña. “Contaremos coas voces de Davide Salvado e Matthew Ward, así como co acordeón de Sabela Caamaño, o violín de Cibrán Seixo, o arpa de Alba Barreiro e o contrabaixo de Antonio Cienfuegos”.
UN ARTISTA ÚNICO, CONSIDERADO O “INDIANA JONES” DOS INSTRUMENTOS PERDIDOS
Abraham Cupeiro (Sarria, 1980) recupera instrumentos perdidos no tempo para crear novas sonoridades. Toca 100 instrumentos e construíu 50 dos 350 que posúe de todo o mundo e distintas épocas na súa colección. Ofreceu preto de 250 concertos nos últimos anos, compartindo escenario con prestixiosas orquestras como Royal Philharmonic Orchestra, London Symphony Orchestra, Mahler Chamber Orchestra ou a Orquestra Sinfónica de Galicia. O seu calendario en 2024 incluíu preto de 120 actuacións en Estados Unidos, Australia, Alemaña, Portugal ou España. A súa música soa na banda sonora de ‘Gladiator II’, a última película de Ridley Scott e actuou para 24.000 espectadores no Estadio de Balaídos na previa do Celta – Barcelona. Estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona. A súa formación é clásica, pero sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas formando parte de grupos de folk, jazz ou música antiga.
XIRA LOIRA – THINKING UP EVENTS
· 3 maio – Ourense – Auditorio Municipal – xa á venda en ataquilla.com
· 24 maio – Pontevedra – Auditorio do Pazo da Cultura – xa á venda en ataquilla.com
• 25 maio – Ferrol – Auditorio de Ferrol – proximamente á venda en ataquilla.com
• 6 xuño – A Coruña – Teatro Colón – proximamente á venda en ataquilla.com
