Cristian Silva – Festa da Ameixa de Carril

Cristian Silva presenta en directo “Un home tranquilo”, un concerto que nace do contraste: o da calma rebelde nun mundo convulso. Un espectáculo onde ser tranquilo convértese no acto máis transgresor.

Sobre o escenario, a gaita, as frautas e a zanfona eléctrica únense coa enerxía das guitarras e os sintetizadores , nunha viaxe sonora que mestura rock, folk, jazz e funk. Acompañado por músicos de primeiro nivel , Silva transforma o seu novo disco nunha experiencia intensa, elegante e chea de personalidade.

Máis ca un concerto, é un territorio emocional. Unha noite para escoitar con calma… ou para perder a tranquilidade.

Date

Ago 10 2025
Expired!

Time

All Day

Location

Festa da Ameixa
Carril
Category