OU YEAH! – The Waterboys, Morgan, Escuchando Elefantes, Tesouro
O 12 de xullo marca o inicio de Ou Yeah!, un novo festival que chega á Explanada Expourense para celebrar a música, a gastronomía e a identidade de Ourense!
Nesta primeira data, gozarás de The Waterboys, considerada unha das mellores bandas en directo do mundo e cunha longa traxectoria no rock; Morgan, unha das bandas máis recoñecidas da escena musical estatal contemporánea; Escuchando Elefantes, un dúo cuxa traxectoria vén marcada por unha evolución artística constante, unha profunda independencia creativa e unha conexión emocional co público e Tesouro, grupo que destaca por un son que mestura o pop-rock clásico con letras coidadas e unha estética atemporal.
Nesta xornada, ademais, contaremos coa participación gastronómica de Cociña Ourense.
Non perdas o comezo desta incrible experiencia!