Un disco que o propio Cristian describe como “un volcán nas profundidades dun mar en calma”. Unha produción executiva do propio artista xunto a Thinking Up Events, envolta na xenial fotografía de portada de Álvaro L. Barreiro e o deseño gráfico de Sr. Reny (Javier Ramírez).
Nel, a tradición dialoga coa modernidade a través da gaita, as frautas, os sintetizadores e guitarras que viaxan polo funk, o indie e o jazz.
Tras un lustro de traballo, Cristian preséntanos unha viaxe sonora chea de “contención, profundidade, reflexión, madurez, pero tamén ironía, furor e equilibrio”. É un disco concibido como unha historia completa, onde a gaita é a gran protagonista e no que colaboran músicos da talla de Igloo, Miguel Lamas ou Xosé Miguélez.
💿 A partir deste venres 13, faino teu a través de Inquedanzas Sonoras.




