Abraham Cupeiro en Sarria

Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.

Estudou trompeta no RCSMM, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.

Con todo, aínda que a súa formación é clásica, sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas. Así, desde temperá idade formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga…

Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx (trompeta celta da Idade de Hierro). Recentemente foi convidado para probar o Karnyx de Tintignac, que é o único que apareceu enteiro no ano 2004.

É ademais impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega: a corna. Instrumento que o seu avó tocaba e que aparece nas iluminacións de Alfonso X.

O seu interese pola organología, levoulle a conseguir unha colección  de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. É unha colección que ensina a modo de concerto- monólogo baixo o nome de Ecoando no Pasado.

Abraham recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles  desde a súa música ata música de hoxe día, e os mestura con formacións modernas.

Estas mesturas pódense ver no seu traballo Compromiscuo co acordeonista Bielorruso Vadzim Yukhnevich  , así como en obras escritas ex profeso para el como o Concerto Misterio de Wladimir Rosinsky xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia.

Vos Sons Esquecidos é é un proxecto que foi gravado coa Filharmonía de Galicia baixo o selo Warner Classics.

Tras a súa estrea, foi presentado con distintas orquestras de España e Finlandia.

En 2018 estrea un novo proxecto: PANGEA, que foi gravado en novembro de 2019 coa Royal Philharmonic de Londres nos estudos Abbey Road, e saíu en setembro de 2020 baixo o selo Warner Classics.

Date

Dec 22 2023
Expired!

Time

20:30