Amancio Prada – PRADA PRADA, 50 anos en escena
Un concerto concibido especialmente para o escenario do Teatro Calderón. Porque case todo empezou en Valladolid, hai máis de 50 anos.
Hai cancións que teñen unha saborosa historia diante ou detrás. Recordos que iluminan e realzan o seu sentido. Como é o caso dalgunhas que, curiosamente, soan agora por primeira vez no meu novo disco, cuxo título, PRADA PRADA, non é casualidade, xa que a amálgama dos meus dous apelidos sinala que son cancións creadas sobre poemas propios, que outorgan ao disco un toque persoal e distintivo.
Un recital aberto á improvisación e ao que non está escrito. Talvez unha sorpresa para todos. Pero non é un exercicio de nostalxia, porque o vivido vivo segue. Non se trata de volver aos 17 despois de vivir un século. É un recoñecemento da paisaxe emocional onde xurdiron aquelas primeiras cancións e outras que, nacendo despois, gardan tamén relación con esta cidade. É celebración do vivido, do cantado e da súa resonancia. Que cando o rio soa, auga leva. E as nosas vidas son os ríos… Pois iso.