Amancio Prada

Un encontro e revelación das pegadas e voces que latexan no seu propio canto e van trenzando o fío da súa vida de artista. Das fantasías de Rosalía de Castro, san Juan da Cruz ou Federico García Lorca, pasando polas de Gustavo Adolfo Bécquer, Álvaro Cunqueiro, María Zambrano, Agustín García Calvo, Rizo Sánchez Ferlosio, Léo Ferre ou Juan Carlos Mestre, ás súas propias, do seu novo disco “PRADA PRADA”.

O concerto incluirá tamén composicións tradicionais e anónimas, que transcenderon na fala da xente e de xeración en xeración. Poetas -distintos e distantes- vinculados por un canto que é algo máis que a harmonía e a palabra: a viva pegada da súa memoria na acesa voz do paxaro solitario que segue sendo Amancio Prada.

Date

Xuñ 03 2024
Expired!

Time

20:30 - 20:30

Location

Auditorio Reveriano Soutullo
Ponteareas