Habitación Vudú – Tour 2025
Habitación Vudú, a banda de indie-rock orixinaria de Ourense, presenta o seu novo e esperado traballo discográfico, “Levantarse”, que foi lanzado oficialmente o 25 de outubro de 2024. Este álbum marca un xiro na proposta sonora do grupo, combinando o seu característico estilo melódico e enerxético cunha mirada introspectiva sobre a resiliencia, a loita interna e o renacer persoal.
“Levantarse” é un disco sobre a superación, os momentos nos que a vida pon a proba e a necesidade de atopar a forza para seguir adiante. A través de 5 cancións cargadas de intensidade e letras evocadoras, a banda reflexiona sobre os momentos máis escuros e a importancia de continuar a pesar das adversidades. O álbum, que conta coa produción de Juan De Dios, un recoñecido produtor español con catro nominacións aos Grammy, inclúe temas destacados como “Miedos”, “Finde Carrusel” e “Levantarse y Tropezar”.
Para celebrar o lanzamento, Habitación Vudú ofrecerá unha serie de concertos en Galicia e no resto de España. O primeiro concerto tivo lugar na súa cidade natal, Ourense, o 8 de novembro no Teatro Principal. A banda promete un espectáculo cheo de enerxía e paixón, onde as novas cancións se mesturarán cos éxitos da súa traxectoria. “Queremos que o público sexa parte deste proceso de ‘Levantarse'”, afirma a banda, buscando conectar con cada persoa que estea disposta a compartir ese momento de transformación e enerxía positiva.