Jethro Tull en Vigo
A icónica agrupación Jethro Tull elixe as cidades galegas de Vigo e A Coruña como paradas da súa xira internacional. Nestes concertos repasarán con exquisita contundencia case todos os seus grandes éxitos e presentarán «RökFlöte», o seu novo disco, que sairá á luz o día 21 de abril. Trátase dun álbum inspirado nos deuses da mitoloxía nórdica que serve como homenaxe á flauta, instrumento característico da banda. Jethro Tull manteñen hoxe unha actividade e nivel de produción coa súa calidade orixinal intacta.