Milladoiro – Albeos (Crecente)

Milladoiro, a banda máis internacional do folk galego, actuará o próximo 6 de xuño en Albeos (Crecente) na provincia de Pontevedra.

Con máis de catro décadas de experiencia, Milladoiro foi capaz de levar os sons tradicionais de Galicia a escenarios de todo o mundo, desde Escocia ata Estados Unidos, mantendo sempre acendida a chama da nosa identidade cultural a través da música. A súa proposta combina instrumentos ancestrais, composicións propias e melodías de raíz, cunha sensibilidade artística que emociona a xeracións enteiras.

En palabras de Milladoiro:

“Subir a un escenario é un acto que aposta pola longa vida dun tipo de música e, quizais, tamén dun tipo de vida. É a reafirmación e recoñecemento
únaa herdanza que permaneceu fértil grazas a mans sen nome”.

Neste concerto, o grupo repasará algunhas das pezas máis emblemáticas do seu repertorio, celebrando a beleza e a forza da música de raíz cunha posta en escena elegante, íntima e chea de matices. Unha oportunidade única para redescubrir a alma sonora de Galicia cunha das súas bandas máis internacionais.

Date

Xuñ 06 2025
Expired!

Time

10:00 pm

More Info

Read More

Location

Albeos
Crecente, Pontevedra
Read More