Milladoiro – Festival Internacional do Mundo Celta
Con máis de catro décadas de traxectoria, Milladoiro fixo soar a Galicia en todos os recunchos do mundo, levando a nosa tradición a novas fronteiras con moita personalidade.
En palabras Milladoiro: “subir a un escenario é un acto que aposta pola longa vida dun tipo de música e, quizais, tamén dun tipo de vida; é a reafirmación e recoñecemento a unha herdanza que permaneceu fértil grazas a mans sen nome”.
En Ortigueira, o seu regreso é sempre especial. Este verán, prepárate para sentir o corazón latexar ao son das gaitas, frautas e cordas de Milladoiro. Un concerto que non esquecerás.