Milladoiro – 45º Aniversario

Milladoiro celebra os seus 45 anos de historia cunha xira especial.

O 15 de maio de 1979 Milladoiro pisaba por vez primeira as táboas dun escenario. O seu debut foi na cidade da Coruña, no Auditorio dos Salesianos, nun concerto organizado polo Ateneo. 45 anos despois, volven á estrada para ofrecer unha xira especial.

Celébranse nesta xira 45 anos de Milladoiro, un grupo que percorreu escenarios de todo o mundo e recibiu recoñecementos singulares como a Medalla de Ouro de Galicia (2012), Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004); o premio Goya á mellor banda sonora orixinal, por “A Metade do Ceo” en 1986; o premio da Música concedido pola SGAE e AIE ou o Pedrón de Ouro, concedido polo Padroado Rosalía de Castro no ano 1985.

En palabras de Milladoiro: “subir a un escenario é un acto que aposta pola longa vida dun tipo de música e, quizais, tamén dun tipo de vida; é a reafirmación e recoñecemento a unha herdanza que permaneceu fértil grazas a mans sen nome”.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Date

Out 13 2024

Time

19:30 - 19:30

More Info

Read More

Location

Auditorium Salesianos
Santander
Read More