Inventio é un espectáculo familiar que inclúe circo, ilusionismo, danza e música
creado para celebrar o Xacobeo 21-22. Inventio é a palabra que define o descubrimento dos vestixios do apóstolo Santiago na cidade de Santiago de Compostela.
A acción sitúase no ano 2094, no que unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e seis artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Nin un só rastro, nin un só recordo. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócalles mágicamente e unha forza sobrenatural transforomaraos. +info
FICHA ARTÍSTICA
Idea orixinal e dirección creativa: Martín Varela
Bailaríns: Julia Méndez, Cristina Amor, Amara Pérez, Ismael Olivas, Fernando Rois e Carlos Núñez + Laura Pan (cover)
Artistas de circo principais: Stéphanie Bouchard, Rubén Martín, Deibit & Nymeria, Steven Peralta e Daniel Satizabal
Outros artistas colaboradores: Fran Boza, Javier Jiménez, Felipe Lugo, Alice Rieb, Aris Zavatta, Erin Zavatta (soamente nalgunhas funcións)
Mago: Martín Varela
Dramaturxia: José L. Prieto
Dirección artística: Suso Montero
Dirección de maxia: Fani Triana e Martín Camiña
Dirección de circo: Jorge Miquel
Composición e dirección musical: José Trincado ‘Triki”
Ballet e coreografías: Mercedes Suárez
Deseño de iluminación: Alberto Casas
Dirección de vestiario: Conchi Silvent
Xefe técnico: Pablo Falcón
Consultoría histórica: Sara Moure
Asesoría didáctica e expositiva: Clara Reigosa
Fotografía: Vanessa Rábade
Deseño gráfico e comunicación: The Office Comunicación
Inventio é un espectáculo da promotora Thinking Up Events,
co patrocinio da Xunta de Galicia – Xacobeo 21-22 e Fundación “la Caixa”
coa colaboración de Sargadelos.
Duración: 2h (cun descanso)