É unha voz singular cun son plural. Está facultado para emocionar e facer conter a respiración co que crea. É capaz de manter en vilo ao oínte ata a última resonancia da última nota de cada composición/improvisación. O seu mundo musical é tan amplo que non merece a pena reducilo a unha estética concreta. É mellor deixar que a súa música siga escribindo unha historia propia á marxe do que se supón que debería ser.»
Carlos Pérez Cruz, EL CLUB DE JAZZ.
Nace en 1978 en Valladolid, onde realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid.
Estuda zanfona cos grandes mestres europeos. Actuou por todo o mundo con numerosas formacións e intérpretes. Pertenceu á mítica Viellistic Orchestra e cofundou o Symphonía Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas. En 2004 creou a súa propia discográfica, producións efémeras, xunto a Fernando Fuentes.
Colaborou en máis dun centenar de gravacións discográficas e editado numerosas obras como solista, e compuxo B.S.O. para cinema, teatro e televisión.