Milladoiro

A lendaria agrupación de folk galega Milladoiro, leva máis de 45 anos sobre escenarios de todo o mundo.

Levamos corenta e cinco anos percorrendo espazos, silencios e xeografías. Levamos mais de corenta e cinco anos tentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama, tempo e tempo poñendo banda sonora a un país en perpetua construción imperfecta. Somos fillos seus e lembramos a cor sepia dos días escuros e de pobreza socio-ambiental. Corenta e cinco anos despois, seguimos á procura da beleza e da harmonía nunha singradura que ten a Galicia como epicentro dunha longa espiral sen fronteiras e que agarda e demanda de cada un de nós que sempre estemos á altura do seu horizonte de mar, ceo e terra; un horizonte onde pousa a ollada tan só a esperanza.

MILLADOIRO